IN18 - APP de reserva de vehículos compartidos

Familias profesionais:
Electricidade e electrónica
Fabricación mecánica
Informática e comunicacións
Centro educativo coordinador: CIFP Ferrolterra
Ferrol
Centros colaboradores:
CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro
Entidades colaboradoras:
Alcampo S.A.
Talleres Mecánicos Galicia S.L.
Ara Solutions S.L.
Obxectivos:
  • Elaborar unha APP para dispositivos móbiles que permita consultar a dispoñibilidade dun vehículo de uso compartido e a súa reserva.
  • Dotar o sistema de carga eléctrica con enerxía renovable, coa montaxe de paneis solares fotovoltaicos.
  • Fomentar o emprendemento do alumnado coas novas posibilidades de emprego que xorden coa innovación realizada.
Síntese do proxecto:

Deseño e realización dunha aplicación para dispositivos móbiles adaptada ao sistema de desprazamento autónomo para persoas con mobilidade reducida en centros comerciais (elaborado no centro) que permite comprobar a súa dispoñibilidade para efectuar a súa reserva de uso e que incorpora un sistema fotovoltaico para a carga das baterías por medio de enerxías renovables.

Acceda ao plano coa localización dos proxectos de innovación no andar -1 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.