IN07 - Aula IoT Schneider Electric

Familias profesionais:
Electricidade e electrónica
Enerxía e auga
Centro educativo coordinador: CIFP As Mercedes
Lugo
Entidades colaboradoras:
Schneider Electric
Obxectivos:
  • Crear un espazo dotado das últimas tecnoloxías en IoT, que permite controlar as instalacións en industria enerxética e control ambiental en remoto.
  • Fomentar a colaboración entre os centros educativos e as empresas, establecendo colaboracións entrambas as partes que permitan dar formación en últimas tecnoloxías.
  • Aumentar a empregabilidade do alumnado ofrecendo unha formación nas últimas tecnoloxías en eficiencia enerxética e automatización industrial.
Síntese do proxecto:

A Aula IoT (Internet of Things) Schneider Electric é un espazo dotado da última tecnoloxía en dispositivos conectados, software e sistemas, que en conxunto crean un sistema innovador para experimentar de xeito práctico o potencial do “internet das cousas”, tanto no ámbito da xestión da enerxía como no campo da automatización industrial.

Acceda ao plano coa localización dos proxectos de innovación no andar -1 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.