IN10 - Xestión e almacenamento de residuos

Familias profesionais:
Fabricación mecánica
Transporte e mantemento de vehículos
Centro educativo coordinador: CIFP Ferrolterra
Ferrol
Centros colaboradores:
CIFP As Mercedes
CIFP Porta da Auga
Entidades colaboradoras:
Navantia S.A.
Protección Medioambiental S.A
Obxectivos:
  • Propor un novo sistema de xestión de residuos por medio dun sistema móbil de almacenaxe.
  • Involucrar e concienciar a toda a comunidade educativa para acadar un tratamento adecuado dos residuos xerados no centro.
  • Dotar o centro dunha zona común de almacenamento e xestión de residuos perigosos por medio dun sistema móbil de almacenaxe innovador.
Síntese do proxecto:

Deseño dun sistema de almacenamento e xestión de todos os residuos que se producen no centro, para o seu tratamento axeitado, a través de contedores marítimos. Serve como exemplo para outros centros e empresas como sistema móbil de almacenaxe, e favorece a implicación e a concienciación do alumnado na importancia da correcta xestión neste ámbito.

Proxecto premiado na Convocatoria innovación 2017 na Modalidade A.

Acceda ao plano coa localización dos proxectos de innovación no andar -1 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.