IN17 - Madeira de vestir

Familias profesionais:
Madeira, moble e cortiza
Centro educativo coordinador: IES de Ortigueira
Ortigueira
Obxectivos:
  • Darlle uso á madeira dun xeito distinto ao habitual, abrindo a posibilidade de fabricación e comercialización de novos produtos.
  • Utilizar novas tecnoloxías, como CNC, combinadas con técnicas de carpintaría tradicional, para lles dar un acabamento premium aos complementos.
  • Deseñar e fabricar os complementos de vestir tendo en conta as medidas antropométricas e ergonómicas, o acabamento e o comportamento do material.
Síntese do proxecto:

Deseño e fabricación de complementos de vestiario en madeira con distintos acabamentos, combinando tecnoloxía CNC con técnicas tradicionais de carpintaría. O resultado son pezas de deseño coa calidez propia dun produto natural e ecolóxico como é a madeira. Estes complementos ofrecen novas posibilidades de comercialización e, como consecuencia, favorecen a empregabilidade do alumnado.

Acceda ao plano coa localización dos proxectos de innovación no andar -1 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.