IN22 - Maquetas virtuais industriais

Familias profesionais:
Electricidade e electrónica
Informática e comunicacións
Instalación e mantemento
Centro educativo coordinador: IES Fermín Bouza Brey
Vilagarcía de Arousa
Entidades colaboradoras:
Inforede
Obxectivos:
  • Facilitarlle ao alumnado a aprendizaxe da programación e o control de procesos industriais automáticos nun contorno simulado.
  • Mellorar as competencias do alumnado na programación en linguaxe G do contorno de desenvolvemento Labview.
  • Desenvolver unha plataforma para que o profesorado e o alumnado conten cunha ferramenta de simulación industrial visual, atractiva e económica.
Síntese do proxecto:

Desenvolvemento dunha aplicación informática co software Labview, formada por un conxunto de dezaseis procesos industriais virtuais que poden ser controlados desde unha placa Arduino Uno. A utilización de Arduino permite simular procesos industriais a un baixo custo, polo que facilita a súa utilización nos centros educativos.

Máis información:
Proxecto premiado na Convocatoria innovación 2017 na Modalidade B.
Maquetas virtuais industriais para Arduino

Acceda ao plano coa localización dos proxectos de innovación no andar -1 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.