IN24 - Formación do futuro con realidade virtual

Familias profesionais:
Edificación e obra civil
Electricidade e electrónica
Enerxía e auga
Fabricación mecánica
Instalación e mantemento
Transporte e mantemento de vehículos
Centro educativo coordinador: CIFP Ferrolterra
Ferrol
Entidades colaboradoras:
CT Ingenieros
Obxectivos:
  • Amosar o potencial da realidade virtual como ferramenta para a formación do alumnado na formación profesional.
  • Fomentar a colaboración entre os centros educativos e as empresas, establecendo colaboracións entre ambas as partes que permitan dar formación en últimas tecnoloxías.
  • Aumentar as competencias e a empregabilidade do alumnado ofrecendo formación con realidade virtual nas últimas tecnoloxías usadas na industria.
Síntese do proxecto:

Mediante realidade virtual, simúlanse espazos de traballo, procesos de formación e técnicas de adestramento co obxectivo de formar o alumnado en procesos industriais complexos, permitindo ofrecer formación en calquera ámbito formativo e independentemente da dispoñibilidade física do equipamento ou da instalación.

Máis información:

Acceda ao plano coa localización dos proxectos de innovación no andar -1 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.