IN28 - TecnoloxíaRadar

Familias profesionais:
Electricidade e electrónica
Centro educativo coordinador: CIFP Ferrolterra
Ferrol
Centros colaboradores:
Escola de Especialidades Antonio de Escaño
Obxectivos:
  • Verificar o funcionamento de equipamentos de radiocomunicacións, analizando a súa estrutura interna e as súas características.
  • Detectar avarías en equipamentos e sistemas, utilizando técnicas de diagnose e localización.
  • Restablecer o funcionamento de equipamentos de radiocomunicacións, reparando disfuncións e avarías.
Síntese do proxecto:

Equipamento completo de adestrador de radar para a simulación real de funcionamento dun sistema de radar que lle permite ao alumnado a realización de prácticas, tanto de funcionamento como das avarías que se poidan producir neste tipo de equipamento.

Acceda ao plano coa localización dos proxectos de innovación no andar -1 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.