IN28 - Permacultura urbana

Familias profesionais:
Agraria
Artes gráficas
Transporte e mantemento de vehículos
Centro educativo coordinador: IES Montecelo, Pontevedra
Entidades colaboradoras:
Asociación Filantrópica Inclusión Social Activa Boa Vida
Obxectivos:
  • Motivar ao alumnado de FP Básica e potenciar a súa valía emprendedora.
  • Fomentar o traballo por proxectos con colaboración entre departamentos.
  • Aportar unha idea práctica con alta potencialidade de mercado.
Síntese do proxecto:

Trátase de reducir, reciclar e reutilizar refugallos domésticos no propio domicilio, e de comprobar que reciclar nunha vivenda urbana é posible, non ocasiona molestias, e é produtivo e moi satisfactorio para o individuo e para a sociedade.

Participantes:

Profesorado dos departamentos de Agraria, Artes gráficas e Transporte e mantemento de vehículos.

Alumnado de ciclos formativos de grao profesional básico de Agroxardinaría e composicións florais, de Artes gráficas e de Mantemento de vehículos.

Coordinador: Eliseo Castro Iglesias.

Proxecto premiado na Convocatoria de innovación 2018 na Modalidade A.

Acceda ao plano coa localización dos proxectos de innovación no andar -1 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.