IN13 - VEU: Vehículo Ecolóxico Urbano

Familias profesionais:
Electricidade e electrónica
Centro educativo coordinador: IES Plirilingüe A Paralaia, Moaña
Entidades colaboradoras:
Ingeniería y Fabricación del Norte S.L.
Neumáticas de Vigo S.A.
Obxectivos:
  • Deseñar e construír un vehículo bipraza lixeiro, con motor eléctrico alimentado por baterías recargables mediante TC doméstica ou PSFV integrados.
  • Potenciar o traballo en equipo de todo o alumnado participante.
  • Adquirir destrezas e coñecementos da súa e doutras familias profesionais diferentes do alumnado.
Síntese do proxecto:

Deseño e construción dun prototipo de vehículo lixeiro, con motor eléctrico alimentado por baterías recargables tanto mediante TC doméstica como con PSFV integrados na carrozaría. Dispón dunha autonomía de 40 km e dunha velocidade máxima de 40 km/h, co cal, cubriría as necesidades do 76% dos enquisados na contorna urbana.

Participantes:

Profesorado do departamento de Electricidade e electrónica.

Alumnado de segundo curso do ciclo formativo de grao superior de Sistemas electrotécnicos e automatizados.

Coordinador: José Ángel Serantes Romero.

Proxecto premiado na Convocatoria de innovación 2018 na Modalidade A.

Acceda ao plano coa localización dos proxectos de innovación no andar -1 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.