IN15 - PiBot

Familias profesionais:
Electricidade e electrónica
Informática e comunicacións
Centro educativo coordinador: IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez, A Estrada
Centros colaboradores:
CIFP Politécnico de Santiago, Santiago de Compostela
Entidades colaboradoras:
Electrobot Technologies S.L.
Obxectivos:
  • Deseño e fabricación dun prototipo que sirva como base de experimentación e avaliación de futuras aplicacións comerciais da robótica autónoma móbil.
  • Fomento do traballo colaborativo entre diferentes familias profesionais, así como o establecemento de canles de colaboración coas empresas do sector.
  • Adquisición de competencias en áreas de forte innovación e crecente demanda con miras a aplicalas na propia actividade docente.
Síntese do proxecto:

Deseño e fabricación dun prototipo de robot autónomo móbil (RAM) capaz de, en base unicamente á información obtida polos seus sensores, desprazarse de forma autónoma entre diferentes localizacións arbitrarias do interior dunha edificación mediante técnicas SLAM (Simultaneous Localization and Mapping).

Participantes:

Profesorado dos departamentos de Electricidade e electrónica e de Informática e Comunicacións.

Alumnado dos ciclos formativos das familias de Electricidade e electrónica e de Informática e Comunicacións.

Coordinador: Francisco Gabriel Montoiro Cabada.

Proxecto premiado na Convocatoria de innovación 2018 na Modalidade A.

Acceda ao plano coa localización dos proxectos de innovación no andar -1 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.