IN27 - Trampas eléctricas selectivas para avespa asiática

Familias profesionais:
Electricidade e electrónica
Informática e comunicacións
Transporte e mantemento de vehículos
Centro educativo coordinador: IES María Sarmiento, Viveiro
Centros colaboradores:
IES Lois Peña Novo, Vilalba
Entidades colaboradoras:
Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Lugo
Asociación Provincial Lucense de Apicultura (APLA)
José Carlos Castedo Meilán (Apicultor profesional)
Obxectivos:
  • Creación de dispositivos trampa para a avespa asiática baseados no uso de arpas eléctricas selectivas nas colmeas dotados con recursos tecnolóxicos innovadores empregando dispositivos Arduino con posibilidade de control en tempo real vía internet.
  • Acadar varias modalidades de deseño de trampas adaptables as necesidades e recursos dos apicultores.
  • Axudar o sector apícola na loita contra a avespa velutina xerando oportunidades de negocio ao redor da creación e mellora destes dispositivos.
Síntese do proxecto:

O propósito deste proxecto é o de mellorar a estratexia de loita contra a avespa vetulina, implementando e mellorando a construción de modelos de trampa eléctrica selectiva á beira das colmeas. Adaptándoas en función das necesidades e recursos dos apicultores (conexión a rede eléctrica, paneis fotovoltaicos, control en tempo real a través de internet), tentando dar aos apicultores novas ferramentas para a loita contra esta especie invasora nas súas colmeas.

Participantes:

Profesorado dos departamentos de Electricidade e electrónica, de Informática e comunicacións e de Transporte e mantemento de vehículos.

Alumnado do ciclo formativo de grao medio de Instalacións eléctricas e automáticas do IES María Sarmiento. Alumnado do ciclo formativo de grao superior de Administración de sistemas informáticos en rede e do ciclo formativo de grao profesional básico de Mantemento de vehículos do IES Lois Peña Novo.

Coordinador: Pablo Quintela Sotelo.

Proxecto premiado na Convocatoria de innovación 2018 na Modalidade A.

Acceda ao plano coa localización dos proxectos de innovación no andar -1 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.