IN10 - Mobilidade renovable

Familias profesionais:
Electricidade e electrónica
Enerxía e auga
Informática e comunicacións
Instalación e mantemento
Seguridade e medio ambiente
Centro educativo coordinador: IES Universidade Laboral, Culleredo
Centros colaboradores:
IES San Clemente, Santiago de Compostela
Entidades colaboradoras:
THF Energía
Automóviles Antamotor S.L.
TUMOSA, Turismos Motor S.A.
Grupo Dimolk
AEDIVE, Asociación de empresas para el desarrollo e impulso del vehículo eléctrico
Obxectivos:
  • Deseño e montaxe dunha instalación de xeración de enerxía solar fotovoltaica para carga gratuíta de vehículos eléctricos no propio centro.
  • Deseño e realización dunha aplicación informática de xestión de quendas e análise do consumo enerxético.
  • Demostrar a viabilidade técnica da instalación para achegar enerxía renovable e dotar ao centro dunha instalación didáctica eficiente.
Síntese do proxecto:

Deseño e instalación dunha instalación solar fotovoltaica para recarga de vehículos eléctricos, así como unha aplicación informática para a xestión de quendas e monitoraxe de consumos, co fin de potenciar iniciativas innovadoras e demostrar a viabilidade de proxectos relacionados coas enerxías renovables, en particular fotovoltaica.

Participantes:

Profesorado do departamento de Enerxía e auga do IES Universidade Laboral de Culleredo e profesorado do departamento de Informática e comunicacións do IES San Clemente.

Alumnado dos ciclos formativos da familia de Enerxía e auga do IES Universidade Laboral de Culleredo e alumnado dos ciclos formativos da familia de Informática e comunicacións do IES San Clemente.

Coordinador: José Ignacio Vila Alonso.

Acceda ao plano coa localización dos proxectos de innovación no andar -1 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.