IN30 - VTV. Banco de ensaios de visión artificial

Familias profesionais:
Electricidade e electrónica
Fabricación mecánica
Instalación e mantemento
Centro educativo coordinador: IES Politécnico de Vigo, Vigo
Entidades colaboradoras:
Grupo de enxeñaría de fabricación (GEF). Universidade de Vigo
Europrecis Galicia S.L.
Obxectivos:
  • Deseñar e construír un banco de ensaios de visión artificial no que poder contrastar o sistema de visión que máis se adecúe para a verificación de distintos produtos de procesos produtivos.
  • Contar con materiais e coñecementos para formar ao alumnado nas novas tecnoloxías de control de calidade das empresas.
  • Dar a posibilidade ás empresas da contorna de que coñezan e analicen a introdución da visión artificial dentro dos seus procesos produtivos.
Síntese do proxecto:

O proxecto consiste no desenvolvemento dun banco de ensaios de visión artificial no que poder realizar as probas necesarias para determinar o sistema de visión que máis se adecúe para a verificación de distintos produtos de procesos produtivos, probando distintas cámaras, ópticas, sistemas de iluminación ou filtros entre outros parámetros.

Participantes:

Profesorado do departamento de Fabricación mecánica.

Alumnado dos ciclos formativos da familia profesional de Fabricación mecánica.

Coordinadora: Mª Teresa Prado Cerqueira.

Proxecto premiado na Convocatoria de innovación 2018 na Modalidade A.

Acceda ao plano coa localización dos proxectos de innovación no andar -1 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.