IN02 - A castaña galega na panadaría e na repostaría

Familias profesionais:
Hostalaría e turismo
Industrias alimentarias
Centro educativo coordinador: CIFP Compostela, Santiago de Compostela
Centros colaboradores:
CIFP Manuel Antonio, Vigo
Entidades colaboradoras:
Consello Regulador IXP Castaña de Galicia
Obxectivos:
  • Obter masas de pan a partir de fariña de castaña galega, establecendo e contrastando os procesos necesarios para esta aplicación.
  • Obter distintas pastas de té reenchidas a partir de castañas galegas e derivados
  • Obter recheos de bombóns a partir de castañas galegas e derivados.
Síntese do proxecto:

Realización de produtos de panadaría, repostaría e confeitaría, incorporando como base da súa elaboración a castaña galega e deseñando diferentes formatos comerciais.

Participantes:

Profesorado dos departamentos de Hostalaría e turismo e de Industrias alimentarias.

Alumnado dos ciclos formativos de grao medio de Cociña e gastronomía e de Panadaría, repostaría e confeitaría.

Coordinador: Damián Rey Cernadas.

Proxecto premiado na Convocatoria de innovación 2018 na Modalidade A.

Acceda ao plano coa localización dos proxectos de innovación no andar -1 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.