IN03 - Innovación na comercialización do mexillón galego

Familias profesionais:
Hostalaría e turismo
Industrias alimentarias
Química
Téxtil, confección e pel
Centro educativo coordinador: CIFP Manuel Antonio, Vigo
Entidades colaboradoras:
Restaurante Culler de Pau
DOP Mexillón de Galicia
Amegrove
ANFACO-CECOPESCA
Obxectivos:
  • Sacar partido á versatilidade do mexillón galego e achegar ao consumidor novos formatos de comercialización.
  • Aplicar os procesos de I+D+i que se establecen nas empresas e a súa metodoloxía de traballo ao mexillón de Galicia.
  • Expoñer novas ideas gastronómicas por parte do alumnado baseadas no mexillón e mostralas a empresas en feiras e eventos gastronómicos.
Síntese do proxecto:

Novo enfoque na comercialización dun dos produtos galegos máis internacionais: o "mexillón de Galicia", achegando aos fogares formatos aptos para o consumo, dunha forma distinta, divertida, saudable e adaptada aos tempos: pans, escumas, macarróns, caviar, sal, xeados, patés, etc.

Participantes:

Profesorado dos departamentos de Formación e orientación laboral, de Hostalaría e turismo, de Industrias alimentarias, de Química e de Téxtil, confección e pel.

Alumnado dos ciclos formativos das familias profesionais de Hostalaría e turismo, de Industrias alimentarias, de Química e de Téxtil, confección e pel.

Coordinador: Jacobo Otero Garrido.

Proxecto premiado na Convocatoria de innovación 2018 na Modalidade A.

Acceda ao plano coa localización dos proxectos de innovación no andar -1 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.