IN12 - Cámara frigorífica de conxelación ecolóxica

Familias profesionais:
Enerxía e auga
Instalación e mantemento
Centro educativo coordinador: CIFP Valentín Paz Andrade, Vigo
Entidades colaboradoras:
Fergo S.L.
Máis Frío S.L.
Obxectivos:
  • Establecer unha solución factible a longo prazo para cámaras de conxelación.
  • Mellorar os parámetros ambientais dos equipos frigoríficos para cámaras de conxelación.
  • Analizar e resolver, a efectos de seguridade, as trabas no uso de hidrocarburos en equipos frigoríficos.
Síntese do proxecto:

Desenvolvemento de dous prototipos, equipos de refrixeración, para unha cámara frigorífica comercial de conxelación (-18ºC) con propano (R-290): sistema directo e sistema indirecto. Montaxe dun equipo con refrixerante tradicional nesta aplicación (R-507A). Comparativas, grazas a un sistema de adquisición de datos, con captura de valores para chegar ás conclusións finais.

Participantes:

Profesorado dos departamentos de Enerxía e auga e de Instalación e mantemento.

Alumnado de segundo curso do ciclo formativo de grao medio de Instalacións frigorificas e de climatización e alumnado de segundo curso do ciclo formativo de grao superior de Mantemento de instalacións térmicas e de fluídos.

Coordinador: Alfonso González Docasar.

Proxecto premiado na Convocatoria de innovación 2018 na Modalidade A.

Acceda ao plano coa localización dos proxectos de innovación no andar -1 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.