IN17 - WOOD_COM. Cápsula orgánica multiúso

Familias profesionais:
Fabricación mecánica
Madeira, moble e cortiza
Centro educativo coordinador: IES de Ortigueira, Ortigueira
Centros colaboradores:
CIFP Ferrolterra, Ferrol
IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez, A Estrada
Entidades colaboradoras:
Financiera Maderera SA
Maderas Besteiro SL
Xamar Distribuciones 2016 SL
Concello de Ortigueira
Instalaciones Eléctricas de Sanxenxo SL
Tratamientos y distribuciones de la construcción SL
Santos Cocina y Baño SL
Axencia Turismo de Galicia
Grupo Candido Hermida SL
Gómez Cerámicas y Baños SL
Maderas Hijos de Vicente Suárez
Eurobuilt-in SL
Obxectivos:
  • Deseñar e construír un volume en madeira con usos múltiples.
  • Xerar e divulgar a documentación necesaria para realizar este proxecto no futuro por empresas ou grupos de empresas para a súa comercialización.
  • Fomentar a colaboración entre diferentes centros educativos e empresas nun proxecto.
Síntese do proxecto:

Deseño e construción dun volume en madeira que sexa posible adaptar a diferentes usos, con madeira do país e sustentable, que sexa desmontable ou facilmente transportable por estrada.

Participantes:

Profesorado dos departamentos de Madeira, moble e cortiza e de Tecnoloxía do IES de Ortigueira. Profesorado do departamento de Madeira, moble e cortiza do IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez. Profesorado do departamento de Fabricación mecánica do CIFP Ferrolterra.

Coordinador: Alberto Gallego Fernández.

Proxecto premiado na Convocatoria de innovación 2018 na Modalidade A.

Acceda ao plano coa localización dos proxectos de innovación no andar -1 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.