IN26 - Determinación de PCB en acuicultura

Familias profesionais:
Química
Centro educativo coordinador: CIFP Manuel Antonio, Vigo
Entidades colaboradoras:
Instituto de investigacións mariñas (IIM-CSIC)
Obxectivos:
  • Desenvolver unha metodoloxía analítica para a determinación de PCBs en peixe e penso.
  • Avaliar a seguridade alimentaria do peixe e penso de acuicultura, mediante a súa análise co método desenvolto.
  • Introducir ao alumnado nun método de traballo específico dunha entidade dedicada á investigación e desenvolvemento (I+D).
Síntese do proxecto:

O proxecto consiste no desenvolvemento e optimización dunha metodoloxía analítica para a determinación de PCBs en peixe e penso e na aplicación deste método de análise a mostras de peixe e pensos de acuicultura.

Participantes:

Profesorado do departamento de Química do CIFP Manuel Antonio.

Alumnado do ciclo formativo de grao superior de Laboratorio de análise e de control de calidade.

Coordinador: Iván Iglesias García.

Proxecto premiado na Convocatoria de innovación 2018 na Modalidade A.

Acceda ao plano coa localización dos proxectos de innovación no andar -1 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.