IN18 - Grillz e novas tecnoloxías nas próteses dentais

Familias profesionais:
Sanidade
Centro educativo coordinador: CIFP Ánxel Casal - Monte Alto, A Coruña
Entidades colaboradoras:
Laboratorio Dental Felipe J SL
Obxectivos:
  • Amosar que é un laboratorio de próteses.
  • Encerar modelos, elaborar traballos de próteses, férulas dentais e grillz como complemento de moda.
  • Coñecer e traballar co CAD-CAM dental e aplicar a impresora 3D na elaboración de próteses dentais.
Síntese do proxecto:

Deseño de grillz como complemento de moda, empregada por cantantes, artistas, etc. e protectores bucais para deportistas, personalizados e baixo prescrición facultativa. Aplicación das novas tecnoloxías na prótese, CAD-CAM. Mostra do funcionamento dun laboratorio de próteses e os traballos que nel se realizan.

Participantes:

Profesorado do departamento de Sanidade do CIFP Ánxel Casal - Monte Alto.

Alumnado de segundo curso do ciclo formativo de grao superior de Próteses dentais do CIFP Ánxel Casal - Monte Alto.

Coordinadora: Eva Mª Fuertes Dopico.

Proxecto premiado na Convocatoria de innovación 2018 na Modalidade A.

Acceda ao plano coa localización dos proxectos de innovación no andar -1 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.