IN19 - Seguridade Memorflex

Familias profesionais:
Artes gráficas
Transporte e mantemento de vehículos
Centro educativo coordinador: IES Montecelo, Pontevedra
Centros colaboradores:
IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez, A Estrada
Entidades colaboradoras:
Desguaces San SL
Obxectivos:
  • Motivar ao alumnado da FP Básica e potenciar á súa valía emprendedora.
  • Fomentar o traballo por proxectos con colaboración entre departamentos.
  • Achegar unha idea práctica con alta potencialidade de mercado.
Síntese do proxecto:

Vehículo dotado dunha defensa flexible que recupera a forma despois dunha colisión, dotado ademais dunha cámara activada por sensores de impacto que rexistran calquera incidencia mentres o coche está aparcado.

Participantes:

Profesorado dos departamentos de Transporte e mantemento de vehículos e de Artes gráficas do IES Montecelo. Profesorado do departamento de Transporte e mantemento de vehículos do IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez.

Alumnado do ciclo formativo de grao profesional básico de Mantemento de vehículos.

Coordinador: Juan Miguel Carballa González.

Proxecto premiado na Convocatoria de innovación 2018 na Modalidade A.

Acceda ao plano coa localización dos proxectos de innovación no andar -1 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.