IN35 - Campaña de promoción do comercio local

Familias profesionais:
Comercio e márketing
Centro educativo coordinador: CIFP Portovello, Ourense
Entidades colaboradoras:
Centro comercial aberto de Ourense
Obxectivos:
  • Establecer relación directa co sector comercial ourensán, poñendo en práctica os contidos teóricos.
  • Mellorar a inserción do alumnado no mundo empresarial.
  • Deseñar accións creativas de márketing para aplicar nos establecementos do Centro Comercial Aberto de Ourense.
Síntese do proxecto:

Intercambio de coñecementos entre o centro educativo e a empresa. Por unha banda, o alumnado poderá pór en práctica en casos reais todo o aprendido no ciclo e, por outra parte, os establecementos do Centro Comercial Aberto de Ourense ven os resultados dunha campaña de promoción deseñada polo alumnado.

Participantes:

Profesorado do departamento de Comercio e márketing.

Alumnado dos ciclos formativos da familia profesional de Comercio e márketing.

Coordinadora: Lidia Blanco Cerradelo.

Proxecto premiado na Convocatoria de innovación 2018 na Modalidade B.

Acceda ao plano coa localización dos proxectos de innovación no andar -1 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.