IN24 - Campaneiro en liña

Familias profesionais:
Electricidade e electrónica
Centro educativo coordinador: CIFP Porta da Auga, Ribadeo
Centros colaboradores:
IES As Mariñas, Betanzos
IES Xoán Montes, Lugo
Entidades colaboradoras:
Digamel SA
Siemens SA
Bispado de Mondoñedo - Ferrol
Obxectivos:
  • Construír unha maqueta que simule un campanario de de os campás con  electromazos.
  • Realizar un cadro eléctrico de control en base aos toques realízanse nun campanario real dunha parroquia.
  • Realizar os toques das campás desde un teléfono móbil.
Síntese do proxecto:

O proxecto consiste en gobernar os toques das campás dun campanario desde o mesmo cadro ou desde un teléfono móbil por SMS ou unha app no móbil para este fin. Realízanse varios toques de defuntos home ou muller, toque de procesión e toque de entrada a misa.

Participantes:

Profesorado dos departamentos de Electricidade e electrónica do CIFP Porta da Auga, do IES As Mariñas, e do IES Xoán Montes.

Alumnado dos cicls formativos da familia profesional de Electricidade e electrónica dos centros participantes.

Coordinador: Benito Fernández Rey.

Proxecto premiado na Convocatoria de innovación 2018 na Modalidade B.

Acceda ao plano coa localización dos proxectos de innovación no andar -1 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.