IN31 - Aplicación didáctica intelixente para control eléctrico

Familias profesionais:
Electricidade e electrónica
Centro educativo coordinador: CIFP Politécnico de Santiago, Santiago de Compostela
Entidades colaboradoras:
Instituto Schneider Electric de Formación (ISEF)
Infobradoiro Soluciones Informáticas SLNE
Unión distribuidores electricidade AS (UDESA)
Obxectivos:
  • Monitorar e supervisar todos os consumos eléctricos.
  • Tomar decisións de operación eficiente do sistema, priorizando cargas, elección dos períodos de consumo.
  • Reducir o mantemento correctivo, ampliando o preventivo e realizando o predictivo.
Síntese do proxecto:

Aplicación didáctica intelixente para o control do consumo eléctrico. Permítenos monitorar e controlar os consumos, tanto instantáneos como entre períodos de tempo, detectando equipos, espazos ou zonas sobre as que actuar, conseguindo así unha maior eficiencia enerxética, reducindo tempos de intervención, custos e mellorando o impacto ambiental.

Participantes:

Profesorado do departamento de Electricidade e electrónica do CIFP Politécnico de Santiago.

Alumnado dos ciclos formativos da familia profesional de Electricidade e electrónica.

Coordinador: José María Campa Barcia.

Máis información:
Proxecto premiado na Convocatoria de innovación 2018 na Modalidade B.

Acceda ao plano coa localización dos proxectos de innovación no andar -1 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.