IN32 - Frigorífico domótico mediante software e hardware libres

Familias profesionais:
Administración e xestión
Electricidade e electrónica
Instalación e mantemento
Centro educativo coordinador: IES Universidade Laboral, Culleredo
Centros colaboradores:
IES Terra de Soneira, Vimianzo
Obxectivos:
  • Favorecer o traballo colaborativo e interdisciplinar entre o profesorado e o alumnado das diferentes familias profesionais implicadas.
  • Desenvolver a competencia dixital mediante o deseño e programación dun prototipo con software e hardware libre.
  • Fomentar a cultura do emprendemento entre o alumnado cun proxecto real que lles achegue ao sistema empresarial.
Síntese do proxecto:

Construción e programación dun prototipo de neveira domótica que permite o control dos parámetros básicos da neveira mediante un microcontrolador arduino programado con software e hardware libre, ademais da xestión administrativa, laboral e comercial mediante a simulación empresarial.

Participantes:

Profesorado dos departamentos de Electricidade e electrónica e de Instalacións e mantemento do IES Universidade Laboral. Profesorado dos departamentos de Formación e orientación laboral e de Administración e xestión do IES Terra de Soneira.

Alumnado dos ciclos formativos das familias de Administración e xestión, de Electricidade e electrónica e de Instalación e mantemento.

Coordinadora: Carolina Fuentes Prado.

Contacto:
Proxecto premiado na Convocatoria de innovación 2018 na Modalidade B.

Acceda ao plano coa localización dos proxectos de innovación no andar -1 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.