IN21 - Maqueta didáctica para sistemas TT, TN e IT

Familias profesionais:
Electricidade e electrónica
Centro educativo coordinador: IES María Sarmiento, Viveiro
Centros colaboradores:
CIFP Politécnico de Lugo, Lugo
Obxectivos:
  • Analizar, de forma práctica, os esquemas TT, TN e IT nunha instalación illada da principal.
  • Caracterizar a resposta de diferenciais de distintas sensibilidades e/ou de diferentes curvas de resposta.
  • Contrastar resultados teóricos cos obtidos mediante as experiencias realizadas coa maqueta.
Síntese do proxecto:

O punto central do proxecto é a construción dunha maqueta que nos permita configurar facilmente unha illa TT, IT ou TN para realizar prácticas sobre tales esquemas sen repercutir na instalación principal; ademais de elaborar os guións de prácticas a aplicar como guía para a montaxe e análise de resultados.

Participantes:

Profesorado do departamento de Electricidade e electrónica do IES María Sarmiento.

Alumnado do ciclo formativo de grao medio de Instalacións eléctricas e automáticas e do ciclo formativo de grao superior de Sistemas electrotécnicos e automatizados do IES María Sarmiento.

Coordinador: Ramón Costeira Fernández.

Máis información:
Proxecto premiado na Convocatoria de innovación 2018 na Modalidade B.

Acceda ao plano coa localización dos proxectos de innovación no andar -1 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.