IN11 - Carga de vehículos eléctricos con enerxía renovable

Familias profesionais:
Electricidade e electrónica
Centro educativo coordinador: CIFP Coroso, Ribeira
Entidades colaboradoras:
Instalaciones Taragoña S.C.
Obxectivos:
  • Realizar unha instalación para recarga de vehículo eléctrico a partir de fontes renovables, solar fotovoltaica e eólica.
  • Recarga de vehículos eléctricos con fontes renovables sen aumentar a potencia contratada coa compañía subministradora.
  • Aproveitamento dos excedentes de enerxía mediante un sistema de acumulación, xestionando a mesma sen realizar verteduras a rede de distribución eléctrica.
Síntese do proxecto:

Instalación solar fotovoltaica con acumulación, para alimentación do punto de recarga de vehículo eléctrico, e aproveitamento dos excedentes de enerxía para subministración doutros receptores do centro (iluminación, proxectores, etc). Para unha maior contribución das enerxías renovables o proxecto contará cun xerador eólico de apoio, que fornecerá enerxía para a carga das baterías.

Participantes:

Profesorado do departamento de Electricidade e electrónica.

Alumnado de segundo curso do ciclo formativo de grao medio de Instalacións eléctricas e automáticas e do ciclos formativo de grao superior de Sistemas electrotécnicos e automatizados.

Coordinador: José David Santos Soler.

Materiais:
Punto de recarga de vehículos eléctricos sustentable con enerxías renovables

Acceda ao plano coa localización dos proxectos de innovación no andar -1 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.