IN33 - Sistema IP de megafonía e control de acceso

Familias profesionais:
Electricidade e electrónica
Centro educativo coordinador: IES Escolas Proval, Nigrán
Centros colaboradores:
IES Ricardo Mella, Vigo
Obxectivos:
  • Deseñar e construír o prototipo dun sistema de megafonía e control de accesos de baixo custe baseado no computador Raspberry Pi.
  • Implicar ao alumnado nun proxecto real e innovador que sirva para a formación en impresión 3D, mantemento de audio, vídeo e telefonía IP.
  • Mellorar as perspectivas de inserción laboral do alumnado participante no proxecto pola experiencia conseguida no desenvolvemento do mesmo.
Síntese do proxecto:

O proxecto consiste na elaboración do prototipo dun sistema IP de megafonía e control de accesos que utilice un sistema de control de baixo custe baseado no computador "Raspberry Pi" e coas partes non electrónicas feitas cunha impresora 3D. Con el preténdese formar aos alumnos en impresión 3D, mantemento de voz sobre IP, audio e vídeo.

Participantes:

Profesorado do departamento de Electricidade e electrónica e alumnado do ciclo formativo de grao superior de Mantemento electrónico do IES Escolas Proval de Nigrán.

Profesorado do departamento de Electricidade e electrónica e alumnado do ciclo formativo de grao superior de Sistemas de telecomunicacións e informáticos do IES Ricardo Mella de Vigo.

Coordinadora: M. Carmen Currás Francos.

Proxecto premiado na Convocatoria de innovación 2018 na Modalidade B.

Acceda ao plano coa localización dos proxectos de innovación no andar -1 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.