IN29 - Instalación fotovoltaica para autoconsumo

Familias profesionais:
Electricidade e electrónica
Transporte e mantemento de vehículos
Centro educativo coordinador: IES Pedra da Auga, Ponteareas
Entidades colaboradoras:
Enrede Cloud Solutions SL
Obxectivos:
  • Deseñar e implementar un prototipo de instalación solar fotovoltaica illada, controlando e monitorando os dispositivos con plataformas abertas.
  • Manexar diferentes placas (mega e yun) co software Arduino, e integrar os resultados das medicións a través de MQTT (mosquitto) cunha Raspberry Pi.
  • Programar diferentes sensores (movemento, crepuscular, interruptores, conectores ct e acs), e actuadores (proxectores, lamp. sinalización).
Síntese do proxecto:

Deseño, instalación e monitoraxe dos parámetros máis significativos dunha instalación fotovoltaica para autoconsumo e o seu posterior estudo de viabilidade.

Participantes:

Profesorado dos departamentos de Electricidade e electrónica e Transporte e mantemento de vehículos.

Alumnado de segundo curso do ciclo formativo de grao profesional básico de Electricidade e electrónica e de segundo curso dos ciclos formativos de grao medio de Instalacións eléctricas e automáticas e de Electromecánica de vehículos automóbiles.

Coordinadora: Rocío Martínez Martínez.

Proxecto premiado na Convocatoria de innovación 2018 na Modalidade B.

Acceda ao plano coa localización dos proxectos de innovación no andar -1 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.