IN34 - Ferramenta multiúsos para soldadura

Familias profesionais:
Fabricación mecánica
Centro educativo coordinador: CIFP Ferrolterra, Ferrol
Centros colaboradores:
IES de Fene, Fene
Entidades colaboradoras:
Talleres Mecánicos Galicia SL
Herramientas Ferpa SL
Obxectivos:
  • Realizar o deseño mecánico, mediante CAD para a elaboración da ferramenta para operacións auxiliares de soldadura.
  • Realizar os procesos de fabricación (forxa, fundición, tratamento térmico) e montaxe de compoñentes.
  • Analizar os procedementos de calidade, prevención de riscos laborais e ambientais, para actuar de acordo á lexislación vixente.
Síntese do proxecto:

Deseño e fabricación dunha ferramenta multiuso para soldadura na que se xuntan nunha soa, un conxunto de ferramentas que permite realizar diversas operación auxiliares dunha maneira mais cómoda, empregando unha única multiferramenta.

Participantes:

Profesorado do departamento de Fabricación mecánica do CIFP Ferrolterra e do IES de Fene.

Alumnado dos ciclos formativos da familia profesional de Fabricación mecánica do CIFP Ferrolterra e do IES de Fene.

Coordinador: Fernando López González.

Proxecto premiado na Convocatoria de innovación 2018 na Modalidade B.

Acceda ao plano coa localización dos proxectos de innovación no andar -1 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.