IN22 - Impresión 3D para estruturas metálicas industriais

Familias profesionais:
Fabricación mecánica
Centro educativo coordinador: IES de Valga, Valga
Entidades colaboradoras:
Gama e hijos SL
Obxectivos:
  • Dar a coñecer a tipoloxía empregada na construción de naves industriais, os seus elementos e os métodos de fabricación.
  • Estimular a creatividade, a participación e o traballo cooperativo do alumnado no deseño de construcións metálicas.
  • Explorar as posibilidades que pode achegar a impresión 3D ao sector das construcións metálicas.
Síntese do proxecto:

Deseño e posterior construción dunha maqueta que representa a estrutura metálica dunha nave industrial, utilizando a tecnoloxía de impresión 3D.

Participantes:

Profesorado do departamento de Fabricación mecánica.

Alumnado do ciclo formativo de grao profesional básico de Fabricación e montaxe, do ciclo formativo de grao medio de Soldadura e caldeiraría e do ciclo formativo de grao superior de Construcións metálicas.

Coordinador: Antonio Mirás Miranda.

Proxecto premiado na Convocatoria de innovación 2018 na Modalidade B.

Acceda ao plano coa localización dos proxectos de innovación no andar -1 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.