IN04 - Museo didáctico dos alimentos

Familias profesionais:
Artes gráficas
Hostalaría e turismo
Industrias alimentarias
Centro educativo coordinador: CIFP Compostela, Santiago de Compostela
Centros colaboradores:
CIFP Carlos Oroza, Pontevedra
Entidades colaboradoras:
Diconsil Barbanza SLU
Obxectivos:
  • Recompilar e clasificar mostras de alimentos non perecedoiros e identificar as súas características propias.
  • Homoxeneizar as ensinanzas impartidas en diferentes módulos pero con unidades didácticas similares.
  • Deseñar e crear un espazo didáctico fixo apto para realizar diferentes tipos de actividades relacionadas coas materias primas non perecedoiras, tanto por parte do persoal directamente relacionado co centro como polo pertencente a calquera sector, público ou privado, interesado en coñecer ou amosar este tipo de produtos.
Síntese do proxecto:

Creación dunha aula-exposición permanente de alimentos non perecedoiros, para o ensino dos módulos de coñecemento de materias primas, nas especialidades de Hostalaría e turismo, e de Industrias alimentarias.

Participantes:

Profesorado dos departamentos de Artes gráficas, Hostalaría e turismo e Industrias alimentarias.

Alumnado dos ciclos formativos de grao medio de Panadaría, repostaría e confeitaría e de Preimpresión dixital. Alumnado dos ciclos formativos de grao superior de Dirección de servizos de restauración e de Dirección de cociña.

Coordinador: Rafael Brantuas Canay.

Máis información:
Proxecto premiado na Convocatoria de innovación 2018 na Modalidade B.

Acceda ao plano coa localización dos proxectos de innovación no andar -1 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.