IN23 - Innovación pedagóxica en educación infantil

Familias profesionais:
Electricidade e electrónica
Madeira, moble e cortiza
Servizos socioculturais e á comunidade
Centro educativo coordinador: CIFP Politécnico de Lugo, Lugo
Centros colaboradores:
CPI Plurilingüe Virxe do Monte, Cospeito
Entidades colaboradoras:
Facultade de Formación do Profesorado de Lugo (USC)
Obxectivos:
  • Coñecer novos nichos de mercado por parte do alumnado de Madeira, Moble e Cortiza, e de Electricidade e Electrónica.
  • Empregar innovacións técnicas no traballo con luz na educación de 0 a 6 anos e con alumnado con necesidade especifica de apoio educativo.
  • Intercambiar enfoques de traballo con novos materiais didácticos desde diferentes ámbitos profesionais.
Síntese do proxecto:

Deseño e fabricación de recursos materiais para empregar na formación dos/das futuros/as docentes de alumnado de educación infantil nas dúas etapas (de 0 a 3 anos, e de 3 a 6 anos) e de alumnado con necesidade especifica de apoio educativo.

Participantes:

Profesorado dos departamentos de Electricidade e electrónica, de Madeira, moble e cortiza e de Servizos socioculturais e á comunidade.

Coordinador: Manuel Ángel Pena Díaz.

Proxecto premiado na Convocatoria de innovación 2018 na Modalidade B.

Acceda ao plano coa localización dos proxectos de innovación no andar -1 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.