IN25 - Control de auga termal e mineral

Familias profesionais:
Química
Sanidade
Centro educativo coordinador: CIFP A Carballeira - Marcos Valcárcel, Ourense
Entidades colaboradoras:
Euroinversiones Aguas de Sousas SLU
Obxectivos:
  • Elaborar material didáctico que propicie unha maior vinculación da formación co ámbito produtivo do termalismo e as augas mineiro-medicinais.
  • Favorecer a empregabilidade e a inserción do alumnado no citado sector.
  • Achegar o alumnado a competencias profesionais relacionadas co sector do termalismo e as augas mineiro-medicinais en Galicia.
Síntese do proxecto:

Deseño e realización de material didáctico para o desenvolvemento de prácticas de laboratorio, destinado as familias profesionais de Química e Sanidade, que permitan a determinación de parámetros de control de calidade en augas termais e minerais e deste xeito vincular a docencia coa realidade socioeconómica galega.

Participantes:

Profesorado dos departamentos de Química e de Sanidade do CIFP A Carballeira - Marcos Valcárcel.

Alumnado do ciclo formativo de grao superior de Laboratorio de análise e de control de calidade e do ciclo formativo de grao medio de Operacións de laboratorio do CIFP A Carballeira - Marcos Valcárcel.

Coordinador: Francisco Vázquez Vázquez.

Proxecto premiado na Convocatoria de innovación 2018 na Modalidade B.

Acceda ao plano coa localización dos proxectos de innovación no andar -1 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.