IN01 - 3D, como cambia a FP

Familias profesionais:
Hostalaría e turismo
Industrias alimentarias
Téxtil, confección e pel
Vidro e cerámica
Centro educativo coordinador: CEE Manuel López Navalón, Santiago de Compostela
Centros colaboradores:
CIFP Carlos Oroza, Pontevedra
CIFP Manuel Antonio, Vigo
CIFP Paseo das Pontes, A Coruña
IES de Vilamarín, Vilamarín
IES Politécnico de Vigo, Vigo
Entidades colaboradoras:
La factoría 3D
Obxectivos:
  • Axudar as empresas de distintos sectores produtivos a racionalizaren os seus procesos e a reduciren os seus custos a través da aplicación da impresión 3D.
  • Mellorar as posibilidades de inserción laboral e autoemprego do alumnado da FP.
  • Capacitar o alumnado con necesidades educativa especiais para suplir as súas carencias coa aplicación de innovacións tecnolóxicas.
Síntese do proxecto:

O proxecto xorde da inquedanza do profesorado por procurar que o alumnado alcance unhas destrezas suficientes que o capaciten para se diferenciar nun mundo laboral cada vez máis tecnolóxico e máis competitivo. Está dirixido ao alumnado en xeral, xa que cómpren ferramentas que faciliten a entrada neste competitivo mundo laboral, pero fai especial fincapé no alumnado con necesidades especiais, xa que a aplicación de innovacións tecnolóxicas ten a capacidade de suplir as súas posibles carencias.

Participantes:

Profesorado do departamento de Hostalaría e turismo do CIFP Carlos Oroza, do CIFP Paseo das Pontes e do IES de Vilamarín. Profesorado do departamento de Instalación e mantemento do IES Politécnico de Vigo. Profesorado dos departamentos de Hostalaría e turismo e de Industrias alimentarias do CIFP Manuel Antonio.

Alumnado e profesorado dos programas formativos básicos de Cerámica, de Costura e de Servizos de restauración do CEE Manuel López Navalón.

Coordinadora: María Dolores Seoane Iglesias.

Proxecto premiado na Convocatoria de innovación 2018 na Modalidade A.

Acceda ao plano coa localización dos proxectos de innovación no andar -1 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.