IN36 - Autenticación e sinatura por medios electrónicos

Familias profesionais:
Administración e xestión
Comercio e márketing
Informática e comunicacións
Centro educativo coordinador: IES Chan do Monte, Marín
Centros colaboradores:
IES Pazo da Mercé, As Neves
Entidades colaboradoras:
Enxenda Technologies SL
Obxectivos:
  • Procurar software e hardware adecuado para a realización de actividades de taller de sinatura dixital e dixitalización de documentos.
  • Compilar e elaborar materiais didácticos axeitados.
  • Montar e actualizar de xeito continuado unha wiki sobre sinatura dixital e dixitalización de documentos.
Síntese do proxecto:

Realización de actividades consistentes na emisión, recepción e conservación de documentos e calquera outro tipo de información con seguridade xurídica e técnica. Instalación, configuración, uso e adaptación a un contexto educativo de FP das ferramentas utilizadas con esta finalidade na empresa.

Participantes:

Profesorado dos departamentos de Administración e xestión, de Comercio e márketing e de Informática e comunicacións.

Alumnado dos ciclos formativos das familias profesionais de Administración e xestión, de Comercio e márketing e de Informática e comunicacións do IES Chan do Monte. Alumnado dos ciclos formativos da familia profesional de Informática e comunicacións do IES Pazo da Mercé.

Coordinador: Antonio Mandías Toledo.

Máis información:
Proxecto premiado na Convocatoria de innovación 2018 na Modalidade B.

Acceda ao plano coa localización dos proxectos de innovación no andar -1 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.