IN05 - MakerSpace Nemet

Familias profesionais:
Electricidade e electrónica
Fabricación mecánica
Centro educativo coordinador: IES Monte Neme, Carballo
Entidades colaboradoras:
Allnet Ibérica
Bricogeek
Obxectivos:
  • Achegarlle o mundo Marker ao alumnado de educación secundaria, bacharelato e formación profesional.
  • Experimentar coa impresión 3D, o serigrafado láser e o gravado en madeira con CNC, para familiarizar o alumnado con estas novas tecnoloxías de fabricación.
  • Traballar o contorno de Arduino e IoT con novas ferramentas máis sinxelas.
Síntese do proxecto:

Creación dunha aula que será empregada para introducir o alumnado dos centros do contorno nas novas ferramentas de fabricación do ámbito Maker.

Participantes:

Profesorado dos departamentos de Electricidade e electrónica e de Fabricación mecánica.

Alumando de primeiro curso do ciclo formativo de grao superior de Mantemento electrónico.

Coordinador: Germán Tojeiro Calaza.

Proxecto premiado na Convocatoria de innovación 2018 na Modalidade B.

Acceda ao plano coa localización dos proxectos de innovación no andar -1 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.