IN08 - Dron multirrotor Vantas

Familias profesionais:
Informática e comunicacións
Transporte e mantemento de vehículos
Centro educativo coordinador: CIFP As Mercedes, Lugo
Centros colaboradores:
IES Illa de Sarón, Xove
Obxectivos:
  • Deseño, mecanizado e contrución da estrutura soporte do dron.
  • Instalación dos equipos e sistemas no dron de maneira optimizada.
  • Realización dun dron asistencial con descenso de carga de pago automatizada.
Síntese do proxecto:

Fabricación dun prototipo de dron multirrotor, dotado de tecnoloxía eléctrica, para conseguir unha autonomía de carga de pago de ata 6 kg.

Participantes:

Profesorado do departamento de Transporte e mantemento de vehículos do CIFP As Mercerdes. Profesorado do departamento de Informática e comunicacións do IES Illa de Sarón.

Alumnado do ciclo formativo de grao superior de Mantemento aeromecánico.

Coordinador: José Antonio Barros Folgueira.

Acceda ao plano coa localización dos proxectos de innovación no andar -1 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.