Jesús Oitavén Barcala

Secretario Xeral Técnico (Consellería Cultura, Educación e Ordenación Universitaria)
Recensión curricular:

Naceu en Cotobade en 1965. É licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e funcionario do Corpo Superior de Administración da Xunta de Galicia e do Corpo de Xestión (en excedencia). Obtivo o diploma de directivo da Xunta e posúe o Diploma do Curso Superior de Urbanismo e o de Posgrao en especialización en Arrendamentos Urbanos e Propiedade Horizontal.

Comezou a súa carreira administrativa en 1993 como xefe de sección de Fiscalización no IGVS, e posteriormente como xefe de xestión económica e de control orzamentario na Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

Ao longo da súa vida profesional estivo a traballar no Instituto Galego de Vivenda e Solo, onde foi director técnico de Supervisión e Asesoramento (1999-2005) e xefe da área de fiscalización (1994-1999).

Desde 2006 estivo a desenvolver a súa activade laboral como Auditor no Consello de Contas de Galicia. Nesta institución foi auditor na Área Institucional, na Área do Sergas e como último destino, actualmente en servizos especiais, na Área de Conta Xeral.

Desde maio de 2010 ostentou a Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ata a fusión co departamento responsable en materia de cultura.

Relatorios nos que participa:
Mércores 25 - 10:45 - 11:45 - Fusión profesional: formación para o futuro; innovación na formación