Cecilia Mariño

Directora de RRHH de CZ Veterinaria - Biofabri
Recensión curricular:

Licenciada en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Máster en Dirección de Recursos Humanos na Escola de Negocios Caixanova (actual IESIDE).

Posgraduada en Xestión de Recursos Humanos por Competencias na Universidade Complutense.

Entre 2000 e 2003 foi Responsable de Recursos Humanos de Frinsa Frigoríficos do Noroeste, S.A. de Ribeira.

Do 2003 ao 2015 exerceu coma Directora de Recursos Humanos de Rodman Polyships, S.A.

No Grupo CZ Veterinaria entrou en 2016. Trátase dun grupo integramente español  especializado no desenvolvemento, fabricación e comercialización de produtos de biotecnoloxía e farmacia. 

Relatorios nos que participa:
Xoves 26 - 10:00 - 11:30 - A FP Dual en Galicia