Cristina Villar Pazos

Alumna de FP dual do CS de Mecatrónica Industrial
Recensión curricular:

Cristina Villar está a realizar o último curso do Ciclo Superior de Mecatrónica Industrial na modalidade de FP Dual, segundo o convenio asinado  entre a Consellería de Educación e Cultura e a empresa FINSA/FORESA. O seu lugar de prácticas é FINSA Santiago, ao tempo que realiza formación relacionada coa especialidade CODIX (certificación galega de competencias dixitais en ofimática).

É técnica superior en química ambiental e en laboratorio de análise e control de calidade.

Realiza formación complementaria en Micro PLC. Automatización Fácil e Prevención de Riscos Laborais.

Compaxinou estudos con distintos traballos.

Relatorios nos que participa:
Xoves 26 - 10:00 - 11:30 - A FP Dual en Galicia