José Manuel Pinal Rodríguez

Director Xeral de Centros e Recursos Humanos (Consellería Cultura, Educación e Ordenación Universitaria)
Recensión curricular:

Nado en Ourense. É Graduado Social -Técnico Superior en Relacións Industriais- e máster de Experto Internacional en Relacións Industriais.

Desde o ano 1989 é profesor de ensinanza secundaria na especialidade de Tecnoloxía Administrativa con adscrición en Organización e Xestión Comercial.

Ostentou o cargo de xefe de Estudos dun IES durante un curso.

Foi director dese mesmo IES durante 8 anos participando en proxectos educativos europeos e internacionais.

Foi profesor durante 15 anos na Facultade de Empresariais e Turismo das materias de Economía de Empresa, Organización e Administración e tamén de Dirección de Empresas.

Foi profesor durante 2 anos na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da materia de Desenvolvemento de Complexos Empresariais e Políticas Públicas.

Desde o 24 de abril de 2009 é responsable da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Relatorios nos que participa:
Xoves 26 - 12:40 - 14:00 - A Formación Profesional impulsando a innovación