Congreso de Innovación na Formación Profesional FP Innova Galicia 2019

Os días 8, 9 e 10 de maio desenvolverase no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela a cuarta edición do Congreso de Innovación na Formación Profesional, FP Innova Galicia 2019.

FP Innova Galicia 2019 é unha magnífica ocasión para coñecer máis de cerca as posibilidades da formación profesional. O alumnado poderá experimentar en primeira persoa coas novas tecnoloxías a través da visualización dos proxectos de innovación desenvolvidos nos centros e da participación nos obradoiros que se organizarán sobre programación e robótica aplicada, deseño e impresión 3D, vehículos non tripulados, electrónica, imaxe persoal, artes gráficas, téxtil, repostaría, técnicas culinarias ou coctalaría, entre outros.

Tamén se mostrarán experiencias innovadoras desenvoltas nos centros a través de proxectos emprendedores, visualizando as miniempresas creadas por alumnado e profesorado de diferentes niveis educativos e outros programas operativos dentro do Plan Eduemprende.

Para organizar unha visita con alumnado será necesario inscribirse previamente no enderezo http://www.edu.xunta.es/fp/inscricion-fpinnova-para-centros.

Etiquetas: