Convocatoria 2011

 

Convocatoria 2011


 
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, sensible ás necesidades dos traballadores e traballadoras que demandan unha certificación oficial da súa cualificación procede a convocar o proceso de acreditación de competencias profesional adquiridas a través da experiencia laboral para o ano 2011.
  
  

Normativa relacionada


Normativa autonómica que regula a convocatoria do ano 2011

Orde do 21 de marzo de 2011 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, de distintas familias profesionais.

Orde do 21 de marzo de 2011

 

Puntos de inforamción da convocatoria 2011


 

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria garantirá un servizo aberto e permanente que facilite información e orientación a todas as persoas que a soliciten.

 

1. Esta información e orientación será facilitada polos departamentos de orientación dos centros integrados de formación profesional e nos centros de formación profesional de titularidade pública dependentes da Administración educativa.

Centros educativos

A Coruña Lugo Ourense Pontevedra

 

2. En cada punto de información existirá, polo menos, un profesional (orientador ou orientadora) para o desenvolvemento destas funcións.

 

3. Funcións:

a) Informar sobre o proceso de avaliación e recoñecemento das competencias profesionais para que se poida seguir adecuadamente, e tamén sobre a formalización e a presentación da documentación pertinente.

b) Elaborar, no caso de orientadores ou orientadoras dos centros onde se desenvolva o procedemento, un plan de formación para as persoas candidatas, onde se fará constar, segundo proceda:

- As posibilidades de formación, coas orientacións pertinentes, para que poidan acreditar en convocatorias posteriores as unidades de competencia das que solicitaran a súa acreditación.

- As posibilidades de formación, coas orientacións pertinentes, para completar a formación conducente á obtención dun título de formación profesional ou certificado de profesionalidade relacionado con elas.