Convocatoria do concurso Libera Makers

Libera Makers é unha nova iniciativa dirixida a alumnado e profesorado de formación profesional, que ten como obxectivo capacitar aos futuros profesionais no deseño de solucións innovadoras que teñan un impacto favorable no medio ambiente e a economía circular.

Os grupos de traballo de alumnado presentarán á competición solucións innovadoras para dar respostas a un destes dous retos:

  • Reto 1: Prototipos para a recollida de lixo en contornas naturais que serán empregados no marco do Proxecto Libera
  • Reto 2: Prototipos para evitar que os residuos cheguen á natureza

A convocatoria está dirixida a alumnado de formación profesional con 18 anos ou máis, ou con consentimento asinado polos pais ou titores legais.

Etiquetas: