Convocatoria do II Concurso INDEA

Desde o día 25 de outubro ata o próximo 3 de novembro de 2017 está aberto o prazo para participar na II edición do Concurso de Ideas e Procesos Colaborativos para o Emprego (INDEA), da Axencia Local de Colocación de Santiago de Compostela.

O propósito deste Concurso é potenciar ideas colaborativas para o emprego que proveñan do diálogo entre a cidadanía, axentes económicos e sociais e a comunidade educativa, en especial a Universidade e a Formación Profesional.

Entregarase dous premios consistentes nunha achega económica de ata 10.000,00 € por cada iniciativa premiada, que servirá para contribuír ao desenvolvemento e lanzamento dos proxectos galardoados.

Nota. O pasado 24 de outubro de 2017 foi publicada no BOP de A Coruña unha modificación das bases da convocatoria.

Etiquetas: