Convocatoria do programa eduemprende Actúa 2016-2017

A quen vai destinado?

Alumnado de centros sostidos con fondos públicos de Galicia de:
  • Segundo curso de ciclos formativos de grado medio e superior das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño.
  • Bacharelato que estean a cursar "Economía".

Cando se vai desenvolver a actividade?

  • Do 15 de novembro de 2016 ata 16 de marzo de 2017.
  • Listaxe de centros educativos participantes por provincias. Premendo na provincia atopará os centros, localidades e datas de celebración:
A Coruña
Centro educativo Data Hora
IES Leixa (Ferrol) 17/11/2016 12:00 - 13:30
CIFP Compostela (Santiago de Compostela) 29/11/2016 09:00 - 11:00
CIFP Politécnico de Santiago 29/11/2016 12:00 - 13:30
CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro (Ferrol) 15/12/2016 09:20 - 11:00
IES de Fene 15/12/2016 12:00 - 13:30
IES As Mariñas (Betanzos) 12/01/2017 09:00 - 10:30
CIFP Paseo das Pontes (A Coruña) 12/01/2017 09:30 - 11:00
IES Universidade Laboral (Culleredo) 07/02/2017 09:00 - 10:30
CIFP Ánxel Casal-Monte Alto (A Coruña) 07/02/2017 12:00 - 13:30
IES Xulián Magariños (Negreira) 23/02/2017 09:30 - 11:00
EASD Mestre Mateo (Santiago de Compostela) 23/02/2017 12:00 - 13:30
IES Agra de Raíces (Cee) 02/03/2017 12:30 - 14:00
IES Félix Muriel (Rianxo) 16/03/2017 09:30 - 11:00
Lugo
Centro educativo Data Hora
CIFP As Mercedes (Lugo) 09/02/2017 09:30 - 11:00
CIFP Politécnico de Lugo 09/02/2017 12:00 - 13:30
Ourense
Centro educativo Data Hora
CIFP A Farixa (Ourense) 31/01/2017 09:30 - 11:00
CIFP Portovello (Ourense) 31/01/2017 12:00 - 13:30
IES Chamoso Lamas (O Carballiño) 02/02/2017 09:30 - 11:00
CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel 02/02/2017
12:00 - 13:30
Pontevedra
Centro educativo Data
      Hora
IES Macías O Namorado (Padrón) 01/12/2016 09:00 - 10:30
IES Frei Martín Sarmiento (Pontevedra)
01/12/2016 12:00 - 13:30
IES Plurilingüe A Paralaia (Moaña) 13/12/2016 09:00 - 10:30
Colegio Hogar Afundación (Vigo) 13/12/2016 12:00 - 13:30
CIFP Manuel Antonio (Vigo) 20/12/2016 09:30 - 11:00
CIFP A Granxa (Ponteareas) 10/01/2017 09:30 - 11:00
IES Ricardo Mella (Vigo) 10/01/2017 12:30 - 14:00
IES de Rodeira (Cangas) 17/01/2017 09:30 - 11:00
CIFP A Xunqueira (Pontevedra) 17/01/2017 12:30 - 14:00
IES Montecelo (Pontevedra)
19/01/2017 09:30 - 11:00
IES Chan do Monte (Marín) 19/01/2017 12:00 - 13:30
CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo) 24/01/2017 10:00 - 13:30
EFAG A Cancela (As Neves) 26/01/2017 09:30 - 11:00
IES Indalecio Pérez Tizón (Tui) 26/01/2017 12:30 - 14:00
IES Armando Cotarelo Valledor (Vilagarcía de Arousa) 14/02/2017 09:30 - 11:00
IES Ribeira do Louro (O Porriño) 21/02/2017 12:30 - 14:00
IES Fermín Bouza Brey (Vilagarcía de Arousa) 07/03/2017 12:00 - 13:30
IES Marco do Camballón (Vila de Cruces) 09/03/2017 12:00 - 13:30 

Como se vai desenvolver? 

  • Fase 1: Achegamento á actividade emprendedora.
    O profesorado realiza unha sesión na aula para presentar e reflexionar sobre a actividade que se vai desenvolver na fase 2.  
    O profesorado debe enviar ao enderezo electrónico eduemprende@edu.xunta.es o Anexo II coa información relativa a esta actividade desenvolvida na aula.
  • Fase 2: A actividade emprendedora como unha alternativa laboral para o alumnado.
    Participación de persoal técnico do IGAPE e presentación dunha/s persoa/s emprendedora/s.
  • Fase 3: Análise na aula entre o profesorado e o alumnado participante na actividade para obter conclusións.
    O profesorado participante enviará ao enderezo electrónico eduemprende@edu.xunta.es a ficha de recollida de datos que figura como Anexo III.

A actividade na Fase 2 ten unha duración aproximada de 90 minutos e desenvolverase no salón de actos do centro:

  • Participación de persoal técnico do IGAPE. Presentará e coordinará a actividade, contestanto ás cuestións, dúbidas e inquedanzas que o alumnado asistente formule. Favorécese a participación activa do alumnado.
  • Presentación dunha/s persoa/s emprendedora/s que compartan co alumnado a súa experiencia persoal (como xurdiu a súa idea, como puxo en marcha a súa empresa, que problemas tivo e como os solucionou, como o financiou...).
  • Debate final. Estas persoas participarán nun debate compartindo os distintos puntos de vista, lanzando preguntas entre eles para afondar naqueles aspectos que poidan interesar máis ao alumnado e provocando a participación deste respondendo ás cuestións ou preguntas que suxiran.

Solicitude

As solicitudes enviaranse ao enderezo electrónico eduemprende@edu.xunta.es, co seguinte asunto: PROGRAMA EDUEMPRENDE ACTÚA .
Na ficha de solicitude (Anexo I) deben figurar os seguintes datos.

  • Denominación do centro.
  • Persoa de contacto.
  • Teléfono de contacto.
  • Data de preferencia.
  • Enderezo electrónico de contacto.
  • Grupos de alumnado participante.

Selección dos centros

Os centros seleccionaranse segundo a orde de entrada da solicitude no enderezo sinalado e a adecuación das preferencias á dispoñibilidade do persoal técnico do IGAPE.

Etiquetas: