Convocatoria Programa Lanzadeiras Coruña 2018-19

O programa Lanzadeiras Coruña desenvólvese dentro do plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, eduemprende que supón unha aposta clara e firme pola implantación da cultura emprendedora na comunidade educativa nos niveis non universitarios. O plan eduemprende constitúese como o marco onde coordinar as sinerxías en materia emprendedora que actúen sobre o sistema educativo, ordenando e planificando a súa aplicación. O obxectivo global deste plan é lograr un avance sensible na cultura do emprendemento no noso alumnado e propor instrumentos que permitan coñecer os logros alcanzados.

O programa Lanzadeiras Coruña ten a finalidade de promover a innovación e o emprendemento en todas as etapas do sistema educativo co obxectivo de potenciar as competencias profesionais, sociais e persoais do alumnado.

Etiquetas: