Documentación requirida

Para acceder ao plan de Acreditación da experiencia profesional deberás achegar xunto á solicitude de inscrición a seguinte documentación:

 

1. A experiencia laboral xustifícase cos seguintes documentos:

A. Para traballadores e traballadoras asalariados.

a.1. Certificación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, do Instituto Social da Mariña ou da mutualidade laboral en que se teña afiliación, onde conste a empresa, o grupo de cotización e o período de contratación (vida laboral).

a.2. Contrato de traballo ou certificación da empresa en que se adquirira a experiencia laboral, que reflicta especificamente a duración dos períodos de prestación de servizos, a categoría laboral, a actividade desenvolvida e o período en que se realizara a devandita actividade. 

 

B. Para traballadores e traballadoras autónomos ou por conta propia.

b.1. Certificación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou do Instituto Social da Mariña, dos períodos de alta na Seguridade Social no réxime especial correspondente (vida laboral).

b.2. Descrición da actividade desenvolvida e o intervalo de tempo en que esta se realizou.

 

C. Para voluntarios ou bolseiros.

Certificación da organización onde se prestou a asistencia, onde consten especificamente as actividades e as funcións realizadas, o ano no que se realizaran e o número total de horas dedicadas a elas.

 

2. Xustificación da formación.

  
Para as competencias profesionais adquiridas a través de vías non formais de formación, a xustificación realizarase mediante documento que acredite que a persoa candidata posúe formación relacionada coas unidades de competencia que se pretenda acreditar.

En cada certificado achegado deberán constar os contidos e as horas de formación, a entidade que expide o certificado e o título da actividade de formación. No caso de ter realizados estudos parciais para a obtención dun título oficial ou certificado de profesionalidade pertencente a plans de formación extinguidos, débese presentar o correspondente certificado expedido polo centro oficial responsable.

  
 3. Xustificación en linguas oficiais de Galicia.

Deberase achegar necesariamente a tradución oficial de todos os documentos que non estean redactados nas linguas galega ou castelá.