Eduemprende Actúa 2014
O Programa eduemprende Actúa comeza o día 28/01/2014 no CIFP Ferrolterra e finalizará a finais do mes de marzo.
Na semana do 03/02/2014 ao 07/02/2014 as actuacións desenvolveranse en centros educativos de Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Pontevedra e Ourense.
É unha acción formativa dirixida ao alumnado de segundo curso dos ciclos formativos e de bacharelato dos centros sostidos con fondos públicos de Galicia para que poñan en valor o seu talento emprendedor como ferramenta para o seu desenvolvemento profesional.
O programa implica a:
- 99 centros: 14 CIFP e 85 IES
- As 4 Provincias
- 50 localidades
- 5.000 alumnos e alumnas participantes
- 200 profesores e profesoras implicadas
- 46 accións. Por agrupación de centros, ou dúas actividades en cada desprazamento
Cómo se vai desenvolver?
- Fase 1: Achegamento á actividade emprendedora.
O profesorado realiza unha sesión na aula para presentar e reflexionar sobre a actividade que se vai desenvolver na fase 2. - Fase 2: A actividade emprendedora como unha alternativa laboral para o alumnado.
Participación de persoal técnico do IGAPE e presentación dunha persoa emprendedora que comparta co alumnado a súa experiencia persoal. - Fase 3: Análise na aula entre o profesorado e o alumnado participante na actividade para obter conclusións.
Etiquetas: