Eduemprende Actúa 2014

O Programa eduemprende Actúa comeza o día 28/01/2014 no CIFP Ferrolterra e finalizará a finais do mes de marzo.

Na semana do 03/02/2014 ao 07/02/2014 as actuacións desenvolveranse en centros educativos de Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Pontevedra e Ourense.

É unha acción formativa dirixida ao alumnado de segundo curso dos ciclos formativos e de bacharelato dos centros sostidos con fondos públicos de Galicia para que poñan en valor o seu talento emprendedor como ferramenta para o seu desenvolvemento profesional.

O programa implica a:

  • 99 centros: 14 CIFP e 85 IES
  • As 4 Provincias
  • 50 localidades
  • 5.000 alumnos e alumnas participantes
  • 200 profesores e profesoras implicadas
  • 46 accións. Por agrupación de centros, ou dúas actividades en cada desprazamento

 

Cómo se vai desenvolver?

  • Fase 1: Achegamento á actividade emprendedora.
    O profesorado realiza unha sesión na aula para presentar e reflexionar sobre a actividade que se vai desenvolver na fase 2.
  • Fase 2: A actividade emprendedora como unha alternativa laboral para o alumnado.
    Participación de persoal técnico do IGAPE e presentación dunha persoa emprendedora que comparta co alumnado a súa experiencia persoal.
  • Fase 3: Análise na aula entre o profesorado e o alumnado participante na actividade para obter conclusións.

- Máis información

Etiquetas: